Axuda a domicilio

O servizo de axuda a domicilio de SARAIVA ten como obxectivo manter o día a día da persoa na súa contorna familiar con máxima autonomía e calidade de vida. Para iso, contamos cun sistema flexible de atención e apoios baseado na Atención Centrada na Persoa que ofrece coidados de máxima calidade no fogar (compartido co cuidador familiar sempre que sexa posible) e fomenta a autonomía para o normal desenvolvemento das actividades cotiás da vida diaria: aseo, comidas, limpeza, acompañamento, xestión farmacéutica, tratamentos a domicilio, adaptación da vivenda…

 

A quen está dirixido:

O servizo de axuda a domicilio SARAIVA está dirixido a todas aquelas persoas que decidan que permanecer no seu fogar é a mellor elección. Xa sexan dependentes ou non, o servizo de axuda a domicilio facilítalles os apoios necesarios para o desenvolvemento das actividades da súa vida diaria con máxima autonomía e calidade de vida.

 

Servizos de axuda a domicilio:

• Servizos de carácter persoal e doméstico: Encargámonos de realizar os coidados de carácter persoal – como o aseo -e de carácter doméstico – como a limpeza do fogar e a preparación de alimentos-. Pode ver todo o que inclúe este servizo na modalidade de SAD Básico, así como a opción de complementar con coidados de enfermería do SAD Especializado.

• Servizos complementarios: Ofrecemos todo un sistema de apoios en momentos puntuais (por exemplo o servizo de fogar adaptado ou o servizo de acompañamentos a citas médicas) ou complementos ao resto de servizos (servizo de noites, servizo de atención hospitalaria, servizo de respiro familiar, xestión do persoal interno, xestión farmacéutica con blíster gratuito, servizo de acompañamentos, menús personalizados a domicilio, asesoramento en axudas técnicas, servizo de transporte adaptado, formación a coidadores, barbaría e estética…).

• Servizo de carácter terapéutico: Os nosos profesionais imparten sesións individuais a domicilio – estimulación cognitiva, fisioterapia, enfermería,etc. – así como tratamentos especializados a través das nosas Unidades Especializadas de SAD.

Modalidades:





Contacta connosco:

Responsable Servizo de Azuda a Domicilio:
María Soledad Otero Malvar.
sad@saraiva.es

Chamámoste

Envíanos o teu nome e teléfono e chamarémoste para facilitarte máis información.

Ao facer clic en “Enviar” confirmas que liches o nosoAviso Legal e aceptas as condicións de Política de Protección de Datos.