Centros de día

centro-de-dia04

Nos nosos centros de día Saraiva ofrecemos servizos de apoio na atención diurna con terapias personalizadas baseadas na metodoloxía centrada na persoa. Buscamos maximizar as capacidades das persoas e promover o mantemento na súa contorna habitual, facilitando un tempo de descanso ao familiar/cuidador.

A quen está dirixido:

A persoas maiores que conten con algún tipo de dependencia, xa sexa física ou cognitiva, que desexen mellorar a súa calidade de vida a través do fomento da súa autonomía.

Que nos diferencia:

  • Metodoloxía de atención centrada na persoa: tendo como base a biografía das persoas  usuarias, adaptando as terapias en base ás súas capacidades, gustos e preferencias. A diferenza da metodoloxía convencional, nos nosos centros cada profesional traballa con cada usuario de xeito personalizada en base ao modelo de atención centrado na persoa, no que o usuario decide as actividades segundo os seus gustos e necesidades e nós actuamos como mero apoio para poder acadar as metas da súa propia vida.
  • SGIS (Sistema de Xestión Integral da Saúde): coordinación integral cos Centros de Saúde e xestión farmacológica individualizada.
  • Servizo de Xestión da Atención Social: asesoramiento, orientación e apoio na tramitación de axudas familiares en coordinación cos Servizos Sociais dos Concellos.
  • Unidade de apoio ás familias: grupo de axuda formado por familiares que queren compartir as súas experiencias e buscar ferramentas para o coidado dos seus maiores (formación, procura de recursos, intercambio de experiencias).
  • Ubicación: os centros de día Saraiva sitúanse sempre en zonas céntricas, facilitando o acceso a pé dos nosos usuarios e familias, así como as saídas ao centro de saúde ou a lugares de lecer como museos e cafeterías.
  • Persoal cualificado: todos o noso persoal conta con formación cualificada, así como formación na metodoloxía de atención centrada na persoa.
  • Facilidades de pago: realizamos o cobro das mensualidades a mes vencido.

Servizos:

  • Estimulación cognitiva, física e afectiva: estimulación e mantemento cognitivo (individual e colectivo), talleres de memoria, taller de habilidades perceptivas e de orientación, fisioterapia, rehabilitación menor, programa de habilidades motoras e psicomotricidad, taller de laborterapia, ludoterapia, xogos de mesa e sociedade, taller de creatividade, musicoterapia e relajación, etc.
  • Servizos complementarios: menús adaptados, xestión de farmacia, axuda a domicilio, servizo de transporte, barbaría, podología, axudas técnicas e mobiliario geriátrico.