Unidade de memoria

unidad-memoria03b

Saraiva Unidade de Memoria é un novo espazo onde ofrecemos terapias individualizadas e grupales de estimulación cognitiva reforzada con fisioterapia. Trátase dun tratamento non farmacológico e o seu obxectivo é previr, ralentizar, manter e mellorar as capacidades cognitivas como a memoria, a atención, o cálculo, a linguaxe.

A quen está dirixido:

Persoas que queiran previr situacións de dependencia, persoas con antecedentes familiares de Alzheimer, que presenten problemas de memoria (deterioro cognitivo leve ou Alzheimer) ou con problemática cognitiva / física (ictus, dano cerebral…).

Qué nos diferencia:

    • Equipo profesional: as sesións son impartidas por un equipo especializado no campo do área cognitiva (neuropsicoloxia, xerontoloxía, neurofisioterapia, terapia ocupacional, enfermería) e a realización dos exercicios adáptase a cada persoa, xa sexa de xeito individualizado ou grupal.

<li>Valoración individual: antes de comezar calquera tratamento, o noso equipo realiza de xeito gratuita unha valoración integral de necesidades e obxectivos para cada usuario.

  • Flexibilidade: terapias dunha hora de duración como mínimo a nivel individual, grupal ou a domicilio.
  • Non só para maiores, senón tamén a todas aquelas persoas que queiran previr ou recuperar a memoria.

 

Servizos:

  • Taller de memoria
  • Taller de estimulación cognitiva (cálculo, atención, concentración, linguaxe,?)
  • Terapia ocupacional
  • Logopeda
  • Fisioterapia
  • Psicología
  • Kinesiotaping
  • Reiki
  • Squarestep

Persoas de contacto:

Pontevedra: Mª Jesús Fernández Cons
um@saraiva.es
García Camba 6, Planta 1 – Oficina 101.  36002 Pontevedra
T: 986 104 561
Marín: Raquel Leirós 
saraivamarin@saraiva.es
Ezequiel Massoni 49, Bajo A. 36690  Marín
T: 886 202 098